19 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Viveiro da comezo o sábado á súa Semana Santa co pregón de Monseñor Fray José Rodríguez Carballo

10-04-14

CarballoA pregoeira do pasado ano, María del Carmen Garcimartín Montero, presentará este sábado 12 de abril no Teatro Pastor Díaz -arredor das 20.30 horas- o pregón da Semana Santa de Viveiro 2014 da man do Arzobispo de Belcastro e Secretario da Congregación para os institutos da Vida Consagrada e as sociedades da Vida Apostólica, Monseñor Fray José Rodríguez Carballo.

Ó acto asistirán tamén o Obispo da Diócese Mondoñedo-Ferrol Manuel Sánchez Monge, representantes da Secretaría Xeral de Turismo, da Corporación de Viveiro, pregoeiros doutras edicións entre outras personalidades ás que se lle suman os veciños e veciñas de Viveiro e tamén os visitantes.

A Coral Alborada de Viveiro pechará os actos no Teatro antes da inauguración da mostra “A Antesala dun Museo” na Praza Jacinto Calvo. Trátase dunha montaxe a modo de basílica que “nos fai vivir e visionar a magnífica imaxinería da nosa Semana Santa”, manifesta María del Carmen López, portavoz da Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro.

O propio sábado, na Sala de Exposicións da Biblioteca e no ábside da Iglexa de San Francisco ás 19.30 horas inaugurarase tamén a exposición “800 anos dos Franciscanos en Viveiro“ á que agardan lle dé apertura o Arzobispo Fray José Rodríguez Carballo.

Ó termo destes actos, e como ven sendo habitual, todos os cofrades e simpatizantes participarán nunha cea no restaurante Louzao “nun ambiente de harmonía propio da fraternidade das oito cofradías que compoñen a Semana Santa de Viveiro”. Os interesados en participar nesta cea aberta poden retirar as tarxetas en Loterías Girón, Praza Maior, ou no propio restaurante.

Así mesmo o propio sábado, no Multiusos do Concello de Viveiro, entregarase o Libro Pregón da Semana Santa 2014 e no mesmo lugar poderase ver a exposición de Carteis de Semana Santa en España.

Pero, as actividades da “verdadeira Semana da Paixón”, comezan este xoves coa inauguración da exposición do escultor mindoniense Raimundo Rubal, ” La Redención del Hombre”, a partir das 19.00 horas na Praza Maior.

A portavoz da Xunta de Cofradías asegura que “en Viveiro podemos garantizar que es una Semana Mayor con alma, que se siente, y que las calles de un Viveiro medieval contribuyen a una puesta en escena que son el marco idóneo para nuestros desfiles procesionales que ya comienzan este viernes 11 con la procesión de la VOT, de la Virgen de los Dolores”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive