O alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, clausuraron este xoves á noite o curso de risoterapia que se celebrou en Burela nos últimos meses. Durán agradece “á profesora que impartise o curso de forma altruista e ás alumnas a súa asistencia, que foi moi numerosa, aínda que hoxe moitas non poden estar aquí porque están a cortar flores para axudar a confeccionar a alfombra floral na honra da Virxe do Carme. Grazas a todas elas por facernos entender o arte da risa en forma de terapia”. A edil de Servizos Sociais subliña que “despois do verán retomarase este curso, tal e como as participantes demandan e outras persoas veciñas que se queren incorporar”.
Clausura do curso de risoterapia en Burela
Clausura do curso de risoterapia en Burela
Relacionado
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”