Con motivo da conmemoración do día mundial sen tabaco, que se celebra mañá, 31 de maio, a Concellería de Servizos Sociais e Sanidade, da que depende a Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) do Concello de Burela, instalou este venres unha mesa informativa nas inmediacións do centro de saúde, que estivo atendida pola psicóloga clínica Susana Fernández Pernas, quen informou sobre os efectos nocivos do tabaco e as estratexias terapéuticas para o abandono do consumo desta sustancia. Tamén se realizaron a todas aquelas persoas interesadas, medicións do monóxido de carbono (CO) en aire expirado, ademais de facerse entrega de diverso material informativo. Pola mesa informativa pasou Diana Durán, a concelleira de Sanidade.
Mesa informativa sobre o tabaco
Mesa informativa sobre o tabaco
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Xove celebrará a XX Festa do Polbo este Xoves Santo
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”