A Mariña, 28 de maio de 2014.- O secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro, quixo agradecer o apoio amosado polos veciños da Mariña nas últimas eleccións europeas e sinalou que a vitoria en 14 dos 15 concellos da comarca servirá de revulsivo para seguir traballando con máis enerxía, se cabe, para consolidar unha posición de vantaxe como é que os mariñáns seguen confiando maioritariamente neste partido.
“Sen ser un excelente resultado, tendo en conta a baixa participación e a redución do número de votantes, os resultados na Mariña lucense son 17 puntos superiores aos que obtivo o Partido Popular no conxunto do país, 8 puntos mellores aos acadados en Galicia e un punto por riba do apoio recibido no conxunto da provincia”-salientou Balseiro.
Mariña | 43,36% | |
Lugo | 42,34% | +1,02 |
Galicia | 35,16% | +8,2 |
España | 26,06% | +17,3 |
VICTORIA EN CONCELLOS ONDE SOMOS OPOSICIÓN
Os populares salientan moi especialmente as vitorias electorais naqueles concellos nos que hoxe son oposición, como é o caso de Ribadeo, Viveiro, Mondoñedo e O Valadouro, o que configura un aliciente de cara á cita electoral coas municipais previstas para dentro dun ano.
20 PUNTOS DE VANTAXE SOBRE O PSOE
O Partido Popular ganou as eleccións europeas na Mariña lucense cun 43,36% dos votos, (superou os 11.000 apoios) isto é case 20 puntos de vantaxe sobre o PSdeG, segunda forza e máis de 35 puntos sobre AGE, o BNG e Podemos
RECUPERARÍA A DEPUTACIÓN
Extrapolando os datos das eleccións europeas, o Partido Popular obtería un deputado provincial máis na comarca, a costa do BNG que perdería a súa representación, consolidando unha maioría absoluta que permitiría recuperar o Goberno da Deputación de Lugo.
RECUPERAR A ILUSIÓN
Balseiro salienta que seguirán traballando por recuperar a ilusión e a confianza daqueles que decidiron absterse nestas eleccións europeas, así como tamén de todos aqueles que noutros procesos votaron ao Partido Popular e que nesta ocasión non o fixeron.
“Analizaremos concello por concello a nosa situación e marcaremos o camiño a seguir para reconquistar o apoio e a confianza dos nosos veciños baixo o convencemento de que as próximas eleccións son moi distintas”.
Os populares lembran que ninguén antes no noso país tivo que facer fronte a unha situación tan complicada como a que xestionou o Goberno de Rajoy e que obrigou a tomar medidas impopulares. Pero amósanse convencidos de que mantendo os oídos moi abertos para escoitar mellor aos cidadáns e redobrando o esforzo por explicar a nosa xestión recuperaremos votantes.