Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal explican que no mes de febreiro do presente ano, esta Corporación debateu unha moción presentada por UNIFOZ, e aprobada por Unanimidade, para pedir melloras na N-642.
Pero, “ao día de hoxe, vemos que o único que se fixo por parte do Ministerio foron pequenos arranxos provisionais que non solucionan o problema de fondo de esta estrada.
Que a N-642 é o único aceso que hai para a comunicación para os pobos da Comarca da Mariña ata San Cibrao, sendo un servizo básico.
Que son numerosos os puntos nos que se pode ver esta estrada totalmente deteriorada, co conseguinte prexuízo e perigo para os veciños que teñen que desprazarse pola mesma diariamente”.
Por todo isto Unifoz, presenta ante a Corporación Municipal esta MOCIÓN, coa seguinte proposta de acordo:
-Rexeitar e denunciar o deterioro no que se encontra a N 642
-Esixir do Goberno do Estado (Ministerio de Fomento) un proxecto de execución que permita o arranxo integral do firme da N642 ao seu paso pola Mariña.
-Dar traslado do acordo aos concellos da Mariña para que se sumen a esta petición.
-Dar traslado do acordo a Mancomunidade.
-Dar traslado do acordo a Deputación Provincial pedindo o apoio da Corporación Provincial así como ao Parlamento de Galicia.
-Convocar unha concentración pública coa participación dos veciños para esixir a urxente reparación da N 642.