Usuarios da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental “A Mariña” colaboraron este xoves 24 de xullo na elaboración da alfombra floral que se está a realizar na Igrexa de Santiago situada en Sargadelos, para celebrar a festividade de Santiago Apóstolo este venres, 25 de xullo. Con actividades coma esta, favorecemos a integración do colectivo de persoas con enfermidade mental na sociedade, sendo isto especialmente relevante para loitar contra os prexuízos aínda existentes na poboación, e as barreiras que os mesmos provocan no día a día. Así mesmo, favorecemos o sentimento de pertenza á comunidade no noso colectivo, o que sen dubida redundará moi positivamente no seu benestar e na súa calidade de vida.
A Mariña colabora coas alfombras de Sargadelos
A Mariña colabora coas alfombras de Sargadelos
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo