Os veciños de Barreiros organizan unha celebración o sábado 5 de xullo coincidindo coa romaría do Santo Estevo do Ermo en colaboración co Concello.
As actividades programadas darán comezo ás 11.00 horas cunha ruta a pé dende o Concello ou dende Celeiro pasando polo Pozo Mouro ata chegar á capela do Santo Estevo do Ermo.
Ás 13.00 horas celebrarase unha misa e unha procesión que rematará cunha degustación de empanada de sardiñas antes da sesión vermú a cargo do dúo Epo-K.
Ás 16.00 horas haberá xogos infantís e un torneo de tute para o que se estableceron trofeos e agasallos.
Finalmente, o dúo Epo-K volverá poñer música ás 20.00 horas para rematar a festa.