Unha das citas obrigadas do verán na Mariña coa música, é sen dúbida o Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela. Este ano baixo as cores e sons de Africa un excelente plantel de profesores impartiran as súas master class, contando cunha nova experiencia BURELA: IMPRO.
Achegar o jazz aos aficionad@s e profesionais da música, así como a poboación en xeral, entendendo este coma un xénero no que se inclúen un gran número de estilos e tendencis músicais. Facilitar ao alunnado de música interesado en jazz e a improvisación musical, os espacios e as ferramentas precisas para que poidan adquirir coñecementos e destrezas que lles permitan desenrolarse neste estilo. Potenciar a educación en valores a través dunha práctica instrumental grupal. Fomentar a dimensión lúdica e social da música, e dinamizar a cultura musical de Burela e a Mariña son os obxectivos fundamentais.
Por todo isto o vindeiro sábado 12 de Xullo , a música abre as portas da VII edición do SEMINARIO DE JAZZ e MÚSICA MODERNA de BURELA , que se celebrará en Burela os vindeiros días 13, 14, 15, 16 e 17 de Xullo . A encargada de abrir este seminario é AMAJAZZ BIG BAND cun concerto que terá lugar, no HOTEL NORDÉS, sito na Avda. da Mariña nº 57 de Burela.
O día 13 todas e todos os participantes compartirán o seu tempo con, voz e guitarra LEO GIANNETTO, violín HARRY C., saxofón e frauta JOSÉ NINE, trompeta e fiscornio RUBÉN SALVADOR, vibrafono ISRAEL ARRANZ, piano JAVIER CONSTENLA, baixo electrico QUIQUE ALVARADO, batería MIGUEL CABANA, e o novo obradoiro ´: BURELA IMPRO, iniciación á improvisación como ferramenta para a millora das nosas capacidades personais,un encontro para conectar coa creatividade a través da música, o movemento, a escritura, a voz, a interpretación e a cor, mediante o xogo e a improvisación. Impartido por ROBERTO PACHECO, trombonista. Tamén os componentes do grupo máis internacional de Galicia SUMRRÁ impartiran unha master class aos alunn@s o mércores.
Todos os días teremos actuacións a partir das 22.00 horas na Praza de Abastos de Burela, sita na Praza da Mariña, excepto o día 17 que o CONCERTO de CLAUSURA ” SONSS DE AFRICA” donde colaborarán os grupos de batuko de Burela, RAVENTOLAS e BATUKO TABANKA, realizarase na Casa da Cultura ás 20.00 h.
O programa de actuacións deste VII Seminario é o seguinte .
SÁBADO 12 de Xullo ás 22.00 h.
CONCERTO APERTURA da AMAJAZZ BIG BAND
Na Terraza do Hotel Nordés
DOMINGO 13 de Xullo ás 22.00h. :
CONCERTO dos “ PROFES “ + JAM SESSION
Na Praza de Abastos de Burela
LÚNS 14 de Xullo ás 22.00 h. :
CONCERTO “ CHAVALES “ + JAM SESSIÓN
Na Praza de Abastos de Burela
Martes 15 DE Xullo ás 22.00h.:
Concerto de
DANI JUAREZ QUINTET
Na Praza de Abastos de Burela
MÉRCORES 16 de Xullo ás 22.00h.:
CONCERTO de
SUMRRÁ
Na Praza de Abastos de Burela
XOVES 17 de Xullo
CONCERTO de CLAUSURA
“ SONSS DE AFRICA”
Coa colaboración dos grupos de Cabo Verde residentes en Burela:
BATUKO TABANKA
RAVENTOLAS
Na CASA da CULTURA de BURELA ás 20.00 horas