Mujeres en Igualdad Burela organiza unhas xornadas de Prevención de Violencia de Xénero, que se impartirán en seis sesións diferentes entre os meses de xullo do 2014 e maio do 2015.
Estas xornadas tratarán varias temáticas dende a educación en igualdade na infancia, a educación en igualdade na adolescencia, racismo, homofobia, prostitución, parella e que ten como obxectivo primordial, a educación en Igualdade para a erradicación da violencia de xénero.
A primeira sesión destas xornadas celebraranse este xoves 31 ás 18.00 horas no Salón de Plenos do Concello de Burela e contará coa intervención de Diana Durán, traballadora social e vohal da xunta directiva da Asociación Mujeres En Igualdad Burela e Mary Fraga, Técnico Superior en Prevención de Violencia de Xénero e Educación Emocional e Presidenta de Mujeres en Igualdad Burela. O tema a desenvolver será a educación en Igualdad na infancia; pero tamén aproveitarán a ocasión para facer un recoñecemento especial a unha das súas socias.