A conferencia e posterior debate que ía ter lugar este mércores 30 de xullo, no CENIMA, sobre “A pesca na Mariña”, trasladouse ao vindeiro vernes 2 de agosto. A conferencia -a cargo de Carlos Nuevo Cal- será ás 20.30 horas no salón de actos do CENIMA, como complemento da exposición “Días de Mar” que con carácter pedagóxico e circulante, permancerá entre xullo, agosto e setembro. O Seminario de Estudos Terras de Viveiro pretende “remover as conciencias identitarias da nosa sociedade, recordando quen somos e de onde vimos “evitando que se perdan os elementos fundamentais do noso Patrimonio Cultural”.
Conferencia sobre pesca aprazada ata o 2 de agosto
Conferencia sobre pesca aprazada ata o 2 de agosto
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo