A Asociación de Amigas e Amigos da Banda de Burela organiza un curso de Iniciación Musical, pensado para nenos e nenas de entre 6 e 10 anos de idade, interesados en aprender a tocar algún instrumento musical. Desenvolveranse actividades prácticas, para que os nenos e nenas coñezan os intrumentos máis representativos e para que podan achegarse á práctica instrumental dun xeito lúdico e ameno. O curso terá lugar no CEIP Virxe do Carme, do 7 ao 11 de xullo e o prazo para inscribirse remata este venres, 4 de xullo. As persoas interesadas poderán formalizar a inscrición através do correo bandaburela@gmail.com ou no teléfono 616-995-013.
Curso de iniciación musical en Burela
Curso de iniciación musical en Burela
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo