Luís Pachón naceu en Allariz (Ourense) en 1947. En Madrid estuda Debuxo e Pintura, ademais de realizar estudos de Música. Ao regresar á súa vila natal crea a Escola Municipal de Pintura e Cerámica. É membro da Asociación Galega de Artesáns e da Asociación de Pintores Galegos. Dende 1966 realizou infinidade de exposicións en diferentes lugares de España. A música está viva e presente na súa pintura e na súa escultura e é o tema da Mostra que poderemos gozar no noso Casino de Viveiro Club Náutico: “Música, obra recente”, a partir do venres 25 de xullo ás 20.30 horas -que será inaugurada- e ata o xoves 7 de agosto.
Mostra plástica de Luis Pachón no Casino de Viveiro
Mostra plástica de Luis Pachón no Casino de Viveiro
Relacionado
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”