O Xulgado do Penal nº1 de Lugo ven de fallar unha sentenza na que se absuelve ó ex alcalde de Foz, José María García Rivera “con declaración de oficio das costas procesais”.
García Rivera fora acusado no 2011 sendo entón alcalde do Concello de Foz e candidato do PSOE nas eleccións xerais por delitos electorias; xa que asinara como alcalde un escrito que se remitiu á
Xunta Electoral de Zona no que se concretaban os locais que a Corporación que presidía ofrecía para a realización de actos electorais e que finalmente aprobou a Xunta sendo publicado no BOP de Lugo o día 13 de abril de 2011.
No entanto, o acusado, como cabeza do seu partido político, realizou dous actos electorais en dous locais que non estaban incluídos na lista autorizada: a Escola da Hermida e a Báscula de Marzán, os días 13 e 16 de maio de 2011, respectivamente.
Con todo, a sentenza -baseándose na doutrina do Tribunal Constitucional do dereito á presunción de inocencia- non considera acreditado que o fixese “con intención de vulnerar a lexislación electoral”.
Aínda cabe recurso de apelación nun prazo de 10 días ante a Audiencia Provincial.