Unha vez finalizado o prazo de inscrición e recibida toda a documentación, o grupo norte da Primeira División Nacional Feminina de baloncesto queda conformado por 13 equipos despois de incluír ó Universidade de Valladolid na categoría Liga Feminina 2 e a retirada do conxunto cántabro Calasancias tras romper o seu compromiso co seu patrocinador.
Deste xeito, o Lourenzá Ensino continuará a ser o único representante galego na categoría que está conformada por outros doce equipos de Asturias, Cantabria e Castela e León.
Asturias: GD Bosco, Innobasket e Basket Mar.
Cantabria: Arsán e Maristas.
Castela e León: Universidade de Salamanca, Universidade de León, San Isidro, Filipenses, Unami Segovia, Villamuriel e Burgos.
O calendario elaborado para a tempada 2014/2015, seguindo o do convenio da tempada pasada, axústase ás datas nas que se teñen que disputar as fases regular, play off e a fase ascenso.
A falta do sorteo de emparellamentos que se realizará este venres 18 de xullo, estas son as datas previstas:
1ª Volta | 2ª Volta | ||||||||||
Outubro | 5 | — | 19 | 26 | Febreiro | 1 | 8 | 15 | 22 | — | |
Novembro | 2 | 9 | 16 | 23 | 30 | Marzo | 1 | 8 | 15 | 22 | 29 |
Decembro | 14 | 21 | — | — | Abril | — | 12 | 19 | 26 | — | |
Xaneiro | 11 | 18 | 25 | — | Maio | 3 | |||||
Final A4 | 9 e 10 de maio |