Lugo, 2 de xullo de 2014.- Os populares lucenses veñen de valorar os últimos datos de emprego coñecidos hoxe e que, no caso da provincia de Lugo, indican que volve a reducirse o paro rexistrado e que o fai a un ritmo superior á media galega e estatal.
No mes de xuño 1.465 lucenses deixaron de formar parte das listas do servizo público de emprego (antigo INEM) o que representa unha redución do 5,57%, case dous puntos superior a caída do paro en Galicia e tres puntos por baixo da media estatal.
Se tomamos como referencia os datos anuais a evolución tamén é positiva, son 2.868 lucenses os que abandonaron as listas do paro, nos últimos doce meses, isto é unha redución superior ao 10%.
PARO MES DE XUÑO | |||||
| Total | Mensual | Anual | ||
| Nº parados | Nº parados | % | Nº parados | % |
LUGO | 24.829 | -1.465 | -5,57 | -2.868 | -10,35 |
GALICIA | 252.310 | -11.134 | -4,23 | -21.124 | -7,73 |
ESPAÑA | 4.449.701 | -122.684 | -2,68 | -313.979 | -6,59 |
SEGURIDADE SOCIAL E CONTRATACIÓNS INDEFINIDAS
Se analizamos as cifras da seguridade social, o número de cotizantes na provincia elévase ata 115.086, con 828 novas altas en xuño, un 0,72%.
Se ben é certo que, de xeito habitual, o mes de xuño é positivo en canto a creación de emprego –motivado polas contratacións da época estival- estas cifras tamén son positivas no tocante á creación de emprego estable, xa que hoxe hai un 44,23% de contratos indefinidos máis que fai doce meses.
Ademais nesta ocasión, o número de contratacións efectuadas no mes de xuño tamén é superior á media galega e estatal. Nos últimos 30 días asináronse 1.693 contratados na provincia de Lugo, un 5.57% máis. A cifra internual é de 2.163 novas contratacións, un 31,99% máis que fai un ano.
CONTRATACIÓNS MES DE XUÑO | |||||
| Total | Mensual | Anual | ||
| Nº contratos | Nº contratos | % | Nº contratos | % |
LUGO | 8.925 | 1.693 | 23,41 | 2.163 | 31,99 |
GALICIA | 74.217 | 11.513 | 18,36 | 14.472 | 24,22 |
ESPAÑA | 1.518.873 | 60.296 | 4,13 | 241.618 | 18,92 |
EVOLUCIÓN POR PROVINCIAS
Os populares din que o paro segue a ser a súa principal preocupación e que seguirán traballando para combater esta lacra e por afianzar a tendencia de creación de emprego que reflicten as últimas estatísticas. Sinalan que aínda nunca se pode ser triunfalista, xa que un só parado implica unha situación persoal e profesional complicada, aínda asi está empezando a verse unha aceleración do rito de baixada do paro que, no caso da provincia de Lugo, supera ademais o do resto das provincias galegas.
Evolución mensual do paro rexistro por provincias
LUGO | -5,57% |
A CORUÑA | -4,36% |
OURENSE | -4,16% |
PONTEVEDRA | -3,78% |