Sergio Janeiro únese ó equipo de fútbol sala do Praias de Barreiros. Formado na canteira do CD Foz, Sergio deuse de conta de que o seu futuro estaba ligado ó mundo do fútbol sala. Onde defendeu a camiseta dos equipos máis destacados da Mariña lucense.
O equipo barreirense do Cadramón Lux foi o seu primeiro club, onde competiu en 1ªB e 1ªA. Posteriormente Sergio deu o salto á División de Prata co Porto Celeiro de Viveiro. O Ribamueble Ribadeo FS e a Cantina FS son outros dous equipos dos que formou parte. O Superti-A Pontenova de Primeira Nacional A foi o último conxunto de Sergio como xogador en activo.
Agora, volve ás pistas para aportar toda esa experiencia e veteranía ó novo club barreirense.
O presidente do Praias de Barreiros, Julio Rocha, foi o encargado de presentar a Sergio como novo xogador do club.
O CD Praias de Barreiros incorpora ó porteiro Pitero
Iago Rivas Eiroá, máis coñecido no mundo deportivo como “Pitero”, será un dos porteiros do equipo barreirense.
Formado nas categorías inferiores do CD Foz ata categoría infantil e nas ED Lourenzá posteriormente, Pitero defendeu a portería do CF Celta Barreiros en Segunda Autonómica e posteriormente a do CD Foz en Primeira Rexional. Tras un pequeno parón, Pitero volve á competición para defender a meta do Praias de Barreiros CD.
O directivo Alfonso Fernández foi o encargado de darlle a benvida ó club barreirense.
Adrián Juiz
Adrián Juiz convértese en novo xogador do Praias de Barreiros CD. Adrián comezou a xogar ó fútbol sala con tan só cinco anos nas Escolas Deportivas da Mariña Oriental e posteriormente nas Escolas de Barreiros.
Xa en categoría alevín deu o salto á AD Santiago de Foz onde competiu ata idade infantil. Posteriormente pasouse ó mundo do fútbol nas categorías inferiores do CD Foz ata o primeiro ano de xuvenil. Tras un breve paso polo Iberia CF e unha segunda etapa no CD Foz, Adrián ficha polo CD Burela FS onde alternou o equipo xuvenil e o sénior de Terceira División.
Ahora, tras pasar polo equipo xuvenil do Ribadeo e polo CF Celta de Barreiros, Adrián volve ó mundo do fútbol sala para defender a camiseta do Praias de Barreiros CD.
Alfonso Fernández foi o encargado de presentar a Adrián Juiz como novo xogador do club barreirense.