O xoves 3 de xullo emitiuse o segundo programa de “Parolando” en Radio Burela, programa no que se analizaron os atractivos turísticos da Mariña. Estiveron como convidadas Rebeca Fraga, da Comisión do Mercado Medieval de Alfoz; Montse Geada, técnica de turismo afincada no Valadouro, e Maite López, Concelleira de Turismo de Foz. Foron 90 minutos de coloquio no que, entre outras cousas, se analizaron os aspectos turísticos positivos da nosa bisbarra, as vilas, festas, monumentos, gastronomía, etc. da Mariña, ó mesmo tempo que se criticaron os principais defectos da zona no que ó turismo se refire e propuxéronse solucións a eses defectos.
‘Parolando’ en Radio Burela sobre turismo
‘Parolando’ en Radio Burela sobre turismo
Relacionado
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Estrada cortada en Foz
-
O xoves, 18 de abril, ás 20:30h estará na Libraría Bahía a escritora Berta Dávila coa que haberá un coloquio arredor da súa última novela ‘A ferida imaxinaria’