O Concello burelés ofreceu unha recepción oficial este luns ás xogadoras do Club Baloncesto Burela, que se proclamaron campioas galegas de segunda división. No acto participaron o primeiro teniente de alcalde, Manuel Fernández Valle, e a concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro, que felicitaron ás rapazas pola tempada realizada e animáronas a seguir traballando para colleitar novos éxitos deportivos. As xogadoras estiveron acompañadas polo presidente do Club Baloncesto Burela, Pedro Chao, polo adestrador e por outros membros da directiva.
Recepción ó Club Baloncesto Burela
Recepción ó Club Baloncesto Burela
Relacionado
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder