O vindeiro domingo día 3 de agosto a Asociación Pasada das Cabras de Burela vai a facer a RUTA DA CAZOLGA en Lourenzá en donde hai as mellolres vistas da Mariña, de 15 quilómetros e dificultade media. Os prezos son de 10 € para os socios e de 15 para os que non son. O remate da andaina daremos conta dunha boa churrascada na área recreativa da Cazolga invitados por os nosos colegas de Terras de Lourenzá. A saída será ás 9 da mañá da Estación de autobuses de Burela. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 ata o xoves 31 de xullo ás 20.00 horas.
Ruta da Cazolga de Pasada das Cabras
Ruta da Cazolga de Pasada das Cabras
Relacionado
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder