A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o domingo 3 de agosto a Ruta da Cazolga, para o que efectuarán a saída ás 9.30 horas da Área Recreativa da Cazolga para percorrer Verín, Cornería, e regresar de novo á Cazolga. O percorrido abarca unha distancia de 15 kilómetros e presenta dificultade media. Ó remate, os participantes desfrutarán dunha churrascada, tras da cal haberá música e xogos populares. O prezo é de 8€ para socios e 15€ para non socios. As inscricións poden realizarse antes das 14:00 horas do martes 29 de xullo, no correo electrónico terrasdelourenza@gmail.com ou nos teléfonos 982 12 10 06 (Pepe) ou 658 09 71 33 (Miguel).
Terras de Lourenzá fará a Ruta da Cazolga
Terras de Lourenzá fará a Ruta da Cazolga
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo