Aínda coa resaca dunha fin de semana intensa coa ruta de Burela (Serra do Buio-Monte Castelo) e Todos Cara Tovar (Ruta Pena do Castelo), estamos xa a pensar na vindeira andaina, que xa non queda nada. Trátase da SENDA DO OSO, A RUTA DAS XANAS E A SENDA DO VALDOLAYÉS, en Asturias. Por primeira vez, a Asociación de Sendeirismo Terrás de Lourenzá anímase a organizar unha ruta de fin de semana pernoctando fóra, e a zona elixida foi o noso “país” veciño, Asturias. Trátase dunha fin de semana moi entretida na que percorreremos a tan coñecida Senda do Oso, cos seus cercados oseros, poderemos visitar o Parque da Prehistoria e ir á Gran Noite Prehistórica, recorrer a Ruta das Xanas e a Senda do Valdolayés, disfrutar da fabulosa gastronomía asturiana, e pasar unha fin de semana diferente.
Terras de Lourenzá viaxa á Senda do Oso
Terras de Lourenzá viaxa á Senda do Oso
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo