O pasado xoves, día 24, o Grupo Humorístico Trípode participou nas noites de verán en Mondoñedo cunha actuación en plena rúa preto das dúas da madrugada -xa no día 25, polo tanto-. Nesta ocasión foi a Cafetería O Rincón a que os invitou e a actuación tivo lugar en plena rúa, diante das terrazas da cafetería. Comidas, bebidas, simpatía de clientes, camareiros e do propio Manolo, propietario do establecemento, acompañaron as toleadas do grupo, que, como sempre, fixo participar a varios dos asistentes na súa comedia.
Trípode na madrugada mindoniense
Trípode na madrugada mindoniense
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo