Burela, 1 de agosto de 2014. O alcalde, José Mª González Barcia, asegura que a primeira fin de agosto xa está consolidada en Burela con Produart e coa Feira do Bonito. E indica que o Concello seguirá a traballar na divulgación dos recursos turísticos do municipios.
O rexedor lembrou que “Produart arrinca no ano 2003 a través dunha iniciativa local de emprego, que estaba apoiada polo Concello. Nesa iniciativa atopábase á que hoxe é xerente da Fundación Expomar, Catalina Sánchez Luengo. Ao extinguirse a iniciativa local de emprego no ano 2005, xa ese ano e a partires de aí paso a organizar, de xeito ininterrumpido, Produart a Fundación Expomar”.
González Barcia subliñou que “Produart é unha feira vinculada cos produtos ecolóxicos, artesanais e vinculados co medio ambiente. Hai desde artesáns do coiro ata agricultores ecolóxicos pasando por alimentos coma conservas envasadas a man, embutidos, etc…”.
O alcalde burelés engadiu que “xunto coa Feira do Bonito o que pretendemos é constituír unha primeira fin de semana de agosto, que xa está consolidada, e que sexa atractiva para a xente de Burela e para a xente da comarca da Mariña, do Occidente asturiano, de Ortegal, do interior de Lugo ou da Coruña metropolitana, que se poden achegar ata aquí a disfrutar de toda esta oferta. Tanto desde a Fundación Expomar coma desde o Concello continuaremos a traballar na promoción turística e na divulgación dos recursos turísticos que temos, porque somos conscientes de que isto só se consegue con traballo e máis traballo, é unha carreira de fondo a longo prazo, pero si todos nos aplicamos, tanto a iniciativa pública coma a privada, conseguirémolo”.
González Barcia inaugurou xunto ó vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga; o deputado Alfredo Llano e o secretario de Mesa do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro; a décimo segunda edición de Produart, que estará aberta na nave de redes ata o domingo pola noite.