O vindeiro sábado 4 de outubro vaise celebrar no Concello de Xove a Vª edición do Encontro de Palilleiras. A concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, vai ABRIR O PRAZO DE INSCRICIÓN, tanto para palilleiras como para stands, o próximo LUNS 26 DE AGOSTO, o cal vai estar aberto ata o sábado 20 de setembro. A inscrición pódese realizar por teléfono, chamando ao Concello ao 982592001, ou ben contactando con Mercedes Barro (profesora de bolillos) no 679894219 ou con Carmen García (profesora de bordado) no 982592686.