O CENIMA de Foz acollerá do 2 ao 30 do vindeiro mes de setembro unha exposición conxunta con obras dos artistas Axel R. Okelmann e Xoán Xesús Corral Paz. A mostra será inaugurada o vindeiro martes ás oito da tarde. As obras que exporá Axel R. Okelmann son gravados e a mostra de Xoán Xesús Corral Paz titúlase Cousas de Xan Xe. No CENIMA de Foz tamén seguirá exposta durante o vindeiro mes de setembro a mostra etnográfica Días de Mar, do Seminario de Estudos Terras de Viveiro.
Exposición de Axel R. Okelmann e Xoan Xesús Corral Paz no Cenima de Foz
Exposición de Axel R. Okelmann e Xoan Xesús Corral Paz no Cenima de Foz
Relacionado
-
A UNED de Lugo ofrece a segunda actividade dun ciclo dedicado a facilitar a inclusión na aula do alumnado con Trastorno do Espectro Autista
-
O pasado sábado desputouse o campionato provincial de xadrez en Viveiro
-
O pasado sábado, 20 de maio, celebrouse o II Concurso de Pesca organizado pola Asociación Deportiva de Pesca Amigos do Ouro ao longo do couto do río Ouro que baña os concellos de Alfoz e Valadouro