Ribadeo, 29 de agosto de 2014.- O mediodía deste venres rematou o III Forum de Innovación e Formación sobre Vehículos, organizado pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, e que desde o mércores reúne a máis de 70 persoas nas instalacións do hotel O Cabazo.
O Forum da paso desde a tarde deste venres á II Mostra e Feira de Coches Clásicos na que se poderán ver arredor de 40 vehículos de época de diferentes marcas. O programa da Mostra da comezo esta tarde, ás 20 horas, no Cabazo cunha mesa redonda sobre restauración de vehículos clásicos.
Este sábado será o día de Ford, pola mañá instalarase unha exposición de coches clásicos e actuais desta firma nos espazos anexos ao Cine Teatro e despois no interior desa instalación, ás 12 horas, terá lugar unha ponencia sobre o pasado e o presente de Ford. E para as 14 horas está prevista a inauguración da II Mostra e Feira de Vehículos Clásicos nos xardíns do hotel O Cabazo, que estará aberta ata o domingo á noite. A entrada é gratuíta.