Lugo, 1 de agosto de 2014.- O programa ‘Cultura no Camiño’ enche de actividades durante o mes de agosto os concellos da provincia de Lugo incluídos nalgunha das rutas do Camiño de Santiago. Ata 34 representacións teatrais, musicais e outros espectáculos como a danza e a maxia se levarán a cabo durante o mes de agosto en 15 concellos da provincia de Lugo.
O programa, impulsado dende a Consellería de Educación, Cultura e Educación Universitaria xunto con Turismo de Galicia, conta tamén co patrocinio de Gadis para presentar un cartel que durante o mes de agosto dispón de 19 datas ocupadas por algunha actividade cultural na provincia lucense.
Así, este ciclo encadrado dentro da conmemoración do VIII Centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela, comeza o seu desenvolvemento polo Camiño Norte, en concreto, no concello de Barreiros, mañá día 2. Ás 12.00 horas haberá unha sesión de teatro infantil a cargo do grupo de espectáculos Mircromina, no centro sociocultural Díaz Sampedro.
O día seguinte, domingo 3, o Camiño Primitivo tamén acollerá unha actuación. Será no centro sociocultural do Concello de Baleira, no que actuará a Banda da Balbina, que fará bailar a veciños e camiñantes.
CAMIÑO DO NORTE
Municipio | Data | Lugar | Compañía/Espectáculo |
Barreiros | 02/08/2014 | Centro Sociocultural M. Díaz San Pedro | Micromina: Martín Martín (teatro infantil) |
Ribadeo | 08/08/2014 | Rúas de Ribadeo | O retrete de Dorian Gray: Ne me quitte pas (teatro) |
14/08/2014 | Rúas de Ribadeo | Panamesiana teatro: Oh, que bonito é Panamá! (teatro) | |
28/08/2014 | Auditorio Hernán Naval | Creacións máxicas Lirolai: Maxia de aquí e de acolá (teatro) | |
Trabada | 09/08/2014 20:00 | Casa da Cultura | Creacións máxicas Lirolai: Onde está o mago Antón? (maxia) |
Vilalba | 28/08/2014 12:00 | Praza da Constitución | Creacións máxicas Lirolai: Onde está o mago Antón?; Maxia de Preto; Maxia de aquí e de acolá. (maxia) |