Os sendeiristas de Pasada das Cabras de Burela participaron na ruta circular de 15 quilómetros dende a Cazolga por Cornería organizada por Terras de Lourenzá este domingo. Un centenar de camiñantes finalizaron a ruta cunha comida composta por bolos preñados e churrasco nun ambiente festivo que rematou cunha queimada. Tamén houbo competicións populares, carreiras de sacos, tiro de corda, etc. entre os de Burela e os organizadores de Lourenzá. A próxima ruta de Pasada das Cabras será o sábado 13 de setembro pola localidade pontevedresa de Moaña.
Pasada das Cabras na Cazolga
Pasada das Cabras na Cazolga
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo