Ribadeo, 2 de agosto de 2014. Mais de 40 comercios participarán o vindeiro 7 de agosto na Noite Flúor que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.
Ese día as tendas estarán abertas ata as doce da noite e haberá moitas actividades. Desde as nove ás once a Ludoteca Chiquitrén acollerá aos máis pequenos da vila. Haberá xogos, actividades, aperitivos… e por cada ticket de compra nunha das tendas participantes no evento Acisa agasallará aos clientes cunha hora na ludoteca para @s seus fill@s. Ademais os que fagan as súas compras nos establecementos que se darán cita nesta Noite Flúor / Ribadeo Aberto poderán conseguir o agasallo Acisa Flúor.
A música de Zúmballe Batukada inundará as rúas de Ribadeo desde ás nove ás doce da noite.
Desde a directiva de Acisa animan “a veciñ@s e visitantes a disfrutar da nosa Noite Flúor / Ribadeo Aberto”.