A peña barcelonista San Miguel organiza o seu xa tradicional torneo de basket 3×3, chegando neste ano á 8ª edición. Como de costume será o 15 de agosto, a partir das 10.30 horas, e o lugar escollido, como nos dous últimos anos, será o pavillón deportivo das escolas de San Miguel de Reinante. A inscrición é gratuita e está aberta a maiores de 15 anos, podendo os equipos ser masculinos, femininos ou mixtos. O prazo para apuntarse remata o 13 de agosto, estando nesta ocasión limitado a 16 equipos. A competición celebrarase nunha primeira fase de liguilla para, posteriormente, pasar a eliminatorias e finais. Os interesados en apuntarse ou recibir máis información poden dirixirse ó teléfono 628 821 044.
Torneo Basket 3×3 en San Miguel
Torneo Basket 3×3 en San Miguel
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Xove celebrará a XX Festa do Polbo este Xoves Santo
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”