Os nenos e nenas que participan nas actividades de verán da Aula Medioambiental Gaia, do Concello de Burela, percorreron a zona próxima á praia do Cantiño, polo sendeiro azul, e avistaron varias aves desde os miradores que hai nese lugar. Segundo sinalan as monitoras de Gaia “os rapaces observaron e contemplaron as aves de paso e colocaron casas nido. Ademais aproveitamos para explicarlles algunhas das característias máis comúns das aves do litoral atendendo ao seu tamaño, á forma do pico, das patas ou da cola, o comportamento e os sons que realizan”.
Xornada sobre aves do litoral con Gaia
Xornada sobre aves do litoral con Gaia
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo