Desde aquel mes de setembro do 1939 no que se inscribía o primeiro alumno do que se ten constancia documental ata o último matriculado no presente curso 2014 – 15 pasaron polo colexio Martínez Otero algo máis de 4.000 alumnos/as. Só por este dato xa paga a pena unha celebración, e así o fará o colexio Martínez Otero ao longo deste curso no que o centro irá “dando conta dos diferentes actos que se programarán para celebrar convenientemente esta efeméride que afecta sen dúbida a todo o pobo de Foz e o seu contorno”. Polo momento, o primeiro acto, que xa está ó alcance de todos, é a nova páxina web do colexio –www.martinezotero.es– onde se poden atopar imaxes e outra información relacionada, sobre todo, coa celebración do 75 aniversario.
75 aniversario do Martínez Otero de Foz
75 aniversario do Martínez Otero de Foz
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo