Ao longo da Semana da Mobilidade de Burela alumn@s dos CEIPS Vista Alegre e Virxe do Carme participaron nunha actividade organizada por Gaia e denominada “Andando ao colexio” e recibiron unha charla de educación vial impartida por membros da Policía Local. “Con ditas actuacións preténdese que os rapaces se despracen nos traxectos curtos andando, e que o fagan de xeito responsable, respectando as normas de circulación dos peatóns. Sen dúbida, ir andando ao colexio aporta innumerables beneficios: é bo para a saúde, axuda a establecer lazos de amizade cos compañeiros, proporciona autonomía, supón un aforro económico para as familias, axuda a diminuir a contaminación do medio ambiente…”, sinalaron as monitoras de Gaia.
Andando ao colexio
Andando ao colexio
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo