O Club Ciclista Burela realizou unha ruta en bicicleta de carretera entre as localidades de Burela e Santa Eulalia de Oscos o pasado domingo 28. Na ruta participaron socios do Club Ciclista Burela así como tamén tres integrantes do Club Ciclista Foz o que fixo que fosen 15 os esforzados afeccionados ó deporte do pedal os que fixeron esta esixente ruta que tiña como gran dificultade a subida o porto de A Garganta e unha vez coronado o porto de montaña se dirixiron a Villanueva de Oscos e remataron en Santa Eulalia despois de percorrer 85 km. Paralela a esta ruta tamén estaba organizada unha ruta de senderismo pola zona dos Oscos que fixeron os acompañantes dos ciclistas. O remate das dúas rutas e despois das duchas, todos os integrantes da excursión repuxemos forzas nun restaurante de Santa Eulalia partindo para as localidades respectivas en autobús unha vez rematada a comida. Esta ruta entra dentro das actividades que o Club ten programadas para os socios que practican o ciclismo de carretera e que tuvo no mes de maio outra ruta por terras portuguesas na zona de Viana do Castelo.
En bici dende Burela ata Santa Eulalia de Oscos
En bici dende Burela ata Santa Eulalia de Oscos
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”
-
En marcha o XXXIII Curso de Música de Semana Santa de Xove