Xove acolleu durante o mes de agosto o II Open de Pádel, en xornadas de mañá e tarde, no que participaron máis de 90 persoas.
As finais desenvolveronse durante a tarde do domingo 31 de agosto, coincidindo co último día das festas patronais. Deste xeito, Marcelo e Joel impuxéronse na final da primeira categoría masculina a Prosi e Jose por 6-3 e 6-4. Fer e Borja tamén se proclamaron vencedores na segunda categoría por diante de Kuki e Diego grazas ás contundentes vitorias por 6-0 e 6-1.
Paloma e Mariña impuxéronse na final a Elia e Nancy por 4-6, 6-3 e 6-1; facéndose co primeiro premio da primeira categoría feminina; mentres que na segunda, venceron Lara e Gemma por 6-1 e 6-2 fronte a Obdulia e Ángeles.
Marcelo e Tati gañaron na final da categoría mixta ante Rosa e Óscar por 6-0 e 6-1.
Este evento, que por segundo ano consecutivo foi organizado pola Concellería de Deportes do Concello de Xove, contou tamén co patrocinio da empresa SIUX.
Ó remate da competición celebrouse a entrega de trofeos, que contou coa presencia da concelleira de deportes Cristina Iglesias, acompañada polas concelleiras de Servizos Sociais e Cultura.