O Concello de Foz, xunto ca asociación Os Sendeiros, percorreu este domingo 14 de setembro algo máis de 20 quilómetros do chamado Camiño do Mar no tramo corrspondente a este municipio. A saída tivo lugar na praia da Areoura e o remate na praia dos Fondas. Un total de 50 persoas participaron nesta fermosa ruta costeira chea de praias e acantilados. O Concello de Foz ofreceu uns aperitivos ó seu remate. Agora, Os Sendeiros preparan xa o Gran Encontro do río Ouro e praias de Foz que se desenvolverá o vindeiro sábado 20 de setembro.
Os Sendeiros camiñaron pola costa focense
Os Sendeiros camiñaron pola costa focense
Relacionado
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder