1 de setembro de 2014. A Dirección Xeral de Protección Civil e Urxencias do Ministerio do Interior, de acordo coas prediccións da Axencia Estatal de Meteorología (AEMET), avisa por altas temperaturas durante a xornada deste martes en Lugo, Ourense e Pontevedra. Nestas provincias, as zonas máis afectadas pola intensa calor serán as do val do Miño, onde as temperaturas oscilarán entre os 37º e 39 ºC.
Aínda que con menor intensidade, a calor afectará tamén mañá a boa parte do oeste, centro e sur peninsular.
Hai que ter en conta que as altas temperaturas favorecen o risco de incendios forestais, polo que hai que extremar as precaucións.
Recomendacións
Ante temperaturas extremas:
· Límite a exposición ao sol.
· Mantéñase en lugar ben ventilado.
· Inxira comidas lixeiras e regulares, ricas en auga e sales minerais, como froitas e hortalizas.
· Beba frecuentemente auga ou líquidos.
· Vístase con roupa de cores claras, cubrindo a maior superficie de pel posible e a cabeza.
· Evite exercicios físicos prolongados nas horas centrais do día.
· Interésese polas persoas maiores e doentes, e aquelas que vivan soas ou illadas.
Para previr incendios forestais:
· Preste especial atención ás normas da Comunidade Autónoma sobre prevención de incendios e periodos autorizados para realizar queimas de rastroxos.
· Evite arroxar cigarros, lixos e, especialmente, botellas de vidro que fan efecto lupa co sol. As neglixencias provocan gran parte de incendios forestais.
· Prohíbese acender lumes ou fogueiras no monte e terreos próximos.
· Acampe só en zonas autorizadas, posto que estas contan con medidas de protección fronte a un posible incendio e é máis fácil a evacuación.
· Si descobre o lume no seu inicio, avise ao 112 inmediatamente.
· En caso de verse sorprendido por un incendio, evite penetrar no monte ou bosque. Vaia sempre por zonas de gran visibilidade e libres de combustible.
· En caso de urxencia por incendio forestal, atenda sempre as indicacións das autoridades competentes.
· Teña en conta que as altas temperaturas favorecen o risco de incendios forestais. Extreme as precaucións.