RegalCerámica participa por undécima edición consecutiva en Maison & Object sendo nesta ocasión o único artesán galego, e o segundo español que se achega como convidado de Lês Ateliers d´Arte de France. A cita, dirixida a tendas e galerías especializadas en “obxectos de arte” só permite a participación de pezas de cerámica artística en gres de alta temperatura. Presenta entón 10 esculturas numeradas do 1 ó 10 da colección “Pezas únicas” acompañadas das novidades do apartado “Obra de autor”. Dende a súa participación Otero Regal exportaa Arabia Saudí, Líbano, Dubai, Taiwan, Rumania, Irlanda, Francia, Italia, Alemaña, Gran Bretaña ou os Estados Unidos. Considera entón “unha necesidade obrigada saír fóra das nosas fronteiras para continuar coa producción do noso obradoiro e manter os postos de traballo do mesmo”.
RegalCerámica en Maison & Object por undécima edición consecutiva
RegalCerámica en Maison & Object por undécima edición consecutiva
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo