O Praias de Barreiros FS disputará un amigable fronte ó F.S. Boal –de Terceira División asturiana- o próximo venres 5 de setembro ás 21.00 horas no Pavillón Municipal de Barreiros.
Tralo empate acadado fronte ó C.D. Cubelas FS no encontro de presentación (3-3), os de Toni Novo terán agora unha dura proba fronte a un rival de maior categoría.
O Boal ven de acadar tres ascensos nos tres últimos anos e este ano contará co experimentado Isra (ex Aviles Hollywood, Ourense FS, Acesol Tucan, Gijón El Llano, Ponteova FS, Gruas Eloy) como adestrador-xogador. Na plantilla tamén se atopan xogadores con experiencia en categorías superiores como é o caso de Nono, Gelo, Adri, Nano, Julián, Borja, Manu ou Txapi.
O Praias de Barreiros poderá contar dende esta semana coa totalidade da plantilla nos adestramentos para preparar os sucesivos amigables de pretempada, co obxetivo de chegar ó inicio da competición federada da maior maneira posible.