O rexedor asegura que nunca intercedeu nin directa nin indirectamente a favor da súa irmá, “que leva anos vivindo e traballando en Madrid”. Suárez Barcia subliña “non ser responsable das conxeturas ou interpretacións que os responsables de Aquagest poidan facer cun currículo que a miña irmá lles puido ter enviado nun momento determinado”. O alcalde ribadense di que a súa irmá “nin traballa nin traballou nunca nunha empresa dese grupo”.