O pasado xoves, día 4 de setembro, dentro da Semana do Teatro do Valadouro, o Grupo Humorístico Trípode estreou o que é o seu terceiro espectáculo, titulado “Apedreando”, no cal dun xeito cómico, como é habitual no grupo, tratouse o tema da inacabable concentración parcelaria. O Salón de Actos da Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro atopábase ateigado de xente e as gargalladas repetíronse continuamente ó longo da obra.
Trípode estreou ‘Apedreando’ na Semana do Teatro do Valadouro
Trípode estreou ‘Apedreando’ na Semana do Teatro do Valadouro
Relacionado
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Estrada cortada en Foz
-
O xoves, 18 de abril, ás 20:30h estará na Libraría Bahía a escritora Berta Dávila coa que haberá un coloquio arredor da súa última novela ‘A ferida imaxinaria’