Algo máis de 500 participantes participaron no VIII Encontro de sendeirismo Río Ouro e Praias de Foz na area recreativa de Fazouro onde o presidente de Os Sendeiros, Roberto Moris, e o alcade de Foz, Javier Jorge Castiñeira, dedicaron unhas palabras a tod@s. A camiñata comezou pasadas as 10.00 horas polo río Ouro e as praias de Foz. Despois de percorrer uns 17 km, a ruta rematou no porto de Foz para repoñer forzas cunha gran bonitada, bolos preñados, pan e iogur acompañados de música en directo e o sorteo de tres xamóns entre os participantes.
VIII Encontro Río Ouro e Praias de Foz
VIII Encontro Río Ouro e Praias de Foz
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo