29 de outubro de 2014.- Este xoves día 30, na Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña celebraremos o Samaín. Sobre as 12:30 terá lugar un baile de disfraces ambientados en temática terrorífica (zombis, bruxas,…) e posteriormente acabarase compartindo unha comida.
A festa terá lugar na Unidade Residencial “A Mariña” e a ela acudirán os usuarios dos 2 Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral (de Burela e Ribadeo) e da Unidade Residencial. Será unha xornada festiva, donde previamente os usuarios decorarán o centro e traballarán sobre as orixes desta festa, que cada vez é máis popular na nosa comunidade.
Con esta actividade pretendemos ademais de pasar un intre divertido, coñecer a cultura popular, traballar habilidades sociais e favorecer o aumento de autoestima e mellora da calidade de vida dos nosos usuarios.