O Casino de Viveiro acolle este venres 24 de outubro a conferencia do investigador de historia naval e mergullador membro da Real Liga Naval Española, Yago Abilleira Crespo sobre a “Historia da fragata Magdalena e o bergantín Palomo” a partir das 20.30 horas. Sábese que a fragata Magdalena e o bergantín Palomo naufragaron na Ría de Viveiro. O que normalmente se descoñece é a historia de ambos barcos, como se deseñaron e construiron, con que estaban armados, que lles ocurriu durante a súa vida operativa, por que afundiron en Viveiro e que queda deles no fondo do mar. Estas e outras cuestións falará Abilleira Crespo na cidade do Landro. O artista plástico local JOSÉ LUIS NEIRA BROCHS acompañará coa súa mostra “NAUFRAXIO DA MADALENA”.
Conferencia sobre a fragata Magdalena e o bergantín Palomo
Conferencia sobre a fragata Magdalena e o bergantín Palomo
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo