Nun tarde chuviosa e moi desgradable, o campo de Lago para a primeira tirada da Liga de Bolos de Xove presentábase húmido e bastante pesado o sábado 4 de outubro. Aínda así, excelente participación con 30 inscritos.
Liga Senior Masculina
Vitoria contundente dun dos grandes xogadores da Liga como é José Rafael González, que foi o único capaz de conseguir un tanteo acorde ás súas posibilidades. Rafa non notou para nada o parón estival, anotándose ademais a mellor bolada, o que lle permite acadar o primeiro liderato desta tempada. En canto aos restantes xogadores movéronse nunha gran igualdade, cun xogo por debaixo das súas posibilidades, notándose en exceso a falta de rodamento.
Liga Senior Feminina
Primeira participación de Salomé Cardoso nesta categoría, xa que na pasada Liga participou na categoría Sub 18. Pois ben, non puido ser mellor esta primeira participación na categoría, conseguindo, ademais da vitoria, a mellor bolada. Toda unha mostra de intencións que espera repetir. Non nos cabe a menor dúbida de que vai ser unha das grandes favoritas, senón a principal, á vitoria final, xa que Salomé suma a súa excelente técnica unha constancia e un tesón realmente encomiables; aínda que é cedo para establecer tendencias.
Liga Sub 16
Co ascenso de categoría de Daniel López e Salomé Cardoso, o terreo queda libre nesta categoría para os dous dos xogadores que están destinados a dominar a Liga Sub 16 nos próximos anos: Miguel López e Daniel Alonso.
Daniel respostou ás expectativas realizando unha excelente competición, índose aos 168 tantos nas súas catro tiradas, que lle houberan permitido quedar 7º na Liga Sénior- Ademais acadou tamén a mellor bolada, polo que o seu comezo non puido ser mellor.
A outra cara da moeda representouna Miguel López, que non foi capaz de puntuar despois de realizar tres cucadas e sumar uns pírricos 19 puntos. Aínda así, non se pode considerar totalmente negativa a participación de Miguel. Colleu moi ben os bolos, pero faltoulle forza para chegar á liña do 10.
Tanto Daniel como Miguel melloraron moito o seu xogo dende a tempada pasada. Polo tanto, hai futuro.
A vindeira tirada vai ter lugar no CLUB PALMEIRO, O VINDEIRO SÁBADO, 11 DE OUTUBRO DE 2014.
CAMPIONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE LAGO (4 OUTUBRO 2014) 30 INSCRITOS: 15 NA LIGA SENIOR, 7 NA LIGA SUB 16 E 8 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 246 | 12 |
SEGUNDO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 189 | 10 |
TERCEIRO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 187 | 8 |
CUARTO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 185 | 7 |
QUINTO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 182 | 6 |
SEXTO | JOSE VIGO LAGE | 181 | 5 |
SÉTIMO | MODESTO ALBO VIDAL | 156 | 4 |
OITAVO | JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ | 153 | 3 |
NOVENO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 139 | 2 |
DÉCIMO | RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ | 132 | 1 |
MELLOR BOLADA | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 78 | 1 |
LIGA SUB 16 | |||
PRMEIRO | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 168 | 6 |
SEGUNDO | JULIA LÓPEZ FORMOSO | 116 | 4 |
TERCEIRO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 97 | 3 |
CUARTO | HUGO PÉREZ MEITÍN | 79 | 2 |
QUINTO | JAVIER ALONSO LÓPEZ | 60 | 1 |
MELLOR BOLADA | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 53 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRIMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 104 | 6 |
SEGUNDO | CARMEN ROCA CORRAL | 88 | 4 |
TERCEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA | 80 | 3 |
CUARTO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 62 | 2 |
QUINTO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 47 | 1 |
MELLOR BOLADA | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 37 | 1 |