Burela, 20 de outubro de 2014.- A comunidade caboverdiana de Burela celebrou onte a festa da Virxe do Navegantes cunha misa, seguida de procesión, e cun xantar de confraternidade na praza de abastos. Na xornada participaron membros da comunidade caboverdiana de Zaragoza, coa que a de Burela mantén un estreita relación. Aos actos relixiosos de onte acudiron a concelleira de Igualdade, Diana Durán, e o alcalde, José Mª González Barcia. Por certo, a imaxe da Virxe dos Navegantes que hai na igreza de Burela fíxose en Cabo Verde.
González Barcia e Diana Durán, na Festa da Virxe dos Navegantes da comunidade caboverdiana de Burela
González Barcia e Diana Durán, na Festa da Virxe dos Navegantes da comunidade caboverdiana de Burela
Relacionado
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”