Viveiro, 23 de outubro 2014. O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro, porá un punto e seguido na súa campaña REINICIANDO VIVEIRO, que está a visitar tódalas parroquias do Concello(hoxe estarán en Chavín ás 20.30 h), coa celebración dunha ASEMBLA ABERTA a toda a cidadanía este venres ás 20.30 no Conservatorio de Música de Viveiro.
Coa Asemblea Aberta, en palabras do Portavoz Municipal Bernardo Fraga, pretenden “Establecer un diálogo aberto coas veciñas e veciños, escoitar as propostas da xente, analizar a situación do Concello de Viveiro, e construír entre todos o proxecto de futuro que Viveiro merece”.
Os nacionalistas, convidan a toda a cidadanía que queira mudar as cousas, que queiran expresar a súa opinión, e construír ademais, un proxecto de país dende os concellos.
Así mesmo, constataron nas distintas parroquias, a preocupación das veciñas e veciños de Viveiro, pola situación que está atravesando o Concello, en parálise total, cun goberno desgastado, sen ideas e sen proxecto de futuro.