Burela, 20 de outubro de 2014.- O Partido Popular de Burela tén previsto celebrar alomenos cinco reunións con veciños polos distintos barrios de Burela para “explicar polo miudo a baixada de impostos, o porqué o PXOM non afecta á contribución e a revisión catastral” que tén previsto solicitar o Goberno Municipal á Xerencia Provincial do Catastro.
Ademáis, os populares informarán ós veciños sobre “as obras da nova escola infantil, as obras de acceso ó porto, a ampliación do Hospital e outras cuestións de interese directo para os cidadáns, como reparación de beirarrúas, de certas rúas e de camiños”.
Desde o PP burelés destácase “a aposta da Xunta de Núñez Feijoo por Burela e a comarca nos presupostos para 2015, no que se refire ó acceso ó porto e á ampliación do Hospital; e recoñecemos e agradecemos a plasmación do compromiso do Presidente da Xunta con Burela nos presupostos do vindeiro ano”.
Ademáis, a dirección da Agrupación Local do PP asegura que “hai motivos suficientes para valorar positivamente a nosa xestión no goberno municipal e polo tanto explicala detidamente ante os veciños”.
As reunións celebraranse a partires da vindeira semana, con posterioridade á asamblea que os afiliados e simpatizantes terán este sábado día vintecinco. En principio, as reunións serán nos lugares habituais, Taberna de Correa na Vila do Medio, Bar Abrente nos Castros, Don Jamón, Os Remos e Mesón do Poeta, anque as datas están sen concretar.
A asamblea de afiliados e simpatizantes terá lugar este sábado día vintecinco ás doce do mediodía na antigua biblioteca.