Con motivo da celebración da festividade de San Martin de Porres, patrón dos traballadores da limpeza e da recollida do lixo o vindeiro luns, 3 de novembro, a Concellería de Medio Ambiente de Burela anuncia cambios neste servizo, que realiza a empresa Celta Prix. As modificacións foron dadas a coñecer por Patricia López Eijo, e refírense tanto ao propio luns, coma ao martes día 4. O luns Burela contará con dúas varredoras traballando en horario habitual e o martes estará suspendido o servizo de recollida de lixo debido a que a planta central encargada da recolección permanecerá pechada.
Suspéndese o servizo de recollida de lixo o martes 4 de novembro en Burela
Suspéndese o servizo de recollida de lixo o martes 4 de novembro en Burela
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”
-
En marcha o XXXIII Curso de Música de Semana Santa de Xove