Foz, 21 de novembro de 2014.- A casa da cultura de Foz acolleu onte á noite a segunda das charlas médicas do ciclo organizado polo Concello de Foz, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor, coa colaboración do Hospital da Costa. Nesta ocasión a doutora Clara Fernández Peña, especialista en Medicina Interna, falou de enfermidades a asociadas á idade.
O ciclo rematará o vindeiro xoves, día 27, coa charla que ofrecerá ás oito da tarde na casa da cultura focense o doutor Luis López Díaz, especialista en Neuroloxía, que falará sobre deterioro cognitivo e envellecemento.